jueves, 19 de marzo de 2020

CINEMA TIME

PICTOGRAMA CINEMA TIME COLAR

O tempo de cine é sen dúbida unha das súas actividades favoritas! Pero non porque sexa ver un vídeo ou unha curta, senón porque é o momento de sacar unha mantiña e de acurruncharnos e taparnos todxs xuntxs coas luces apagadas.

Ademais saben que o rematar o vídeo lles contarei ata tres para que se metan todxs debaixo da manta e tirarei dunha esquina forte para levantala.
Todas estas prácticas poderían realizarse dende a casa. Cando vexan unha peli por exemplo poderiades dicir: Cinema time! E traer unha mantiña coa que vos tapedes. Se facedes o de contar ata 3 en inglés e que se metan debaixo (as veces podería ser o revés e metervos vos e que sexan eles quen tiren) tede por seguro que volo empezarán a pedir cada vez.

A miña suxerencia para reproducir vídeos de duración curta por suposto e Youtube xa que vainos permitir buscar vídeos infantís sobre temas moi variados.

** Lembrade votar unha ollada vos primeiro ós vídeos para saber si son adaptados a súa idade e se son adecuados en xeral.

No apartado LINKS vos deixarei as páxinas de youtube que máis utilizo






Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com