jueves, 19 de marzo de 2020

RUTINA XERAL

Esta entrada vai adicada a que entendades como organizo as diferentes sesións de inglés. Deste xeito aprenderedes a reproducir un pouco as sesións que colgo nas pestanas de cada idade.

Primeiramente debedes saber que teño organizado o curso por temas/topics que van repartidos ó longo do calendario escolar. Clicando AQUÍ poderedes acceder a ese calendario.


Tamén dicir que durante as clases, a lingua empregada é sempre o inglés. Intento recurrir ó castelán ou galego  en momentos puntuais, cando vexo que algo non se entende.


Agora si, comezamos!


Como moitxs xa sabedes, normalmente levo un carriño cunha maleta na que vou metendo os diferentes materiais que necesito en cada clase. Isto ademais de ser moi motivante para elxs, permíteme poder moverme polas aulas levando sempre todo aquelo que preciso.

Ademais, como podedes ver en moitas das fotos, levo colgado un colar con diferentes pictogramas relacionados cos diferentes momentos que se poden dar dentro de cada sesión:


Dependendo do que toque, aproveito para amosar este picto e dicir o nome en inglés. 

Esta parte é moi importante para os nenxs con necesidades educativas especiais xa que lles permite recoñecer o que ven a continuación en cada momento e asocialo a unha actividade concreta.

A idea de organizar así as sesións xurde un pouco para intentar chegar ós diferentes estilos de aprendizaxe de cada nenx e nun achegamento tamén a teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner.


A rutina é a mesma para 3, 4 e 5 anos pero as actividades en si son diferentes.

A continuación podedes clicar nas palabras subliñadas para acceder á información detallada de cada pictograma:
** Nunca se fan todas as actividades nun día, sería imposible! Normalmente vou alternandoas.

Anímovos a que utilicedes estas mesmas referencias cando vaiades escoitar unha canción, ver unha peli, ler un libro ou xogar a un xogo, así segirán en contacto co mesmo vocabulario que emprego nas miñas clases.

Non é tarefa sinxela, pero estou segura de que o faredes moi ben. Ánimo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com