jueves, 19 de marzo de 2020

MAGIC SUITCASE

PICTOGRAMA MAGIG SUITCASE COLAR

Inmediatamente despois de rematar a canción de benvida, xa todxs saben que toca sentarse no chan en semicírculo.

Neste momento sacarei a maleta do carriño e comenzarei a pasala one by one (un por un).

A idea é que peten na caixa chamando pola mascota.

Para petar na maleta teñen varias maneiras de facelo:

  • Dicir Knock, Knock, knock (3 veces)
  • Contar 1,2,3 en inglés (para os máis pequenxs)
  • Contar ata 10 en inglés
Mentres vamos pasando a maleta para que todos poidan facelo, vamos chamando pola mascota:
  • Monkey/Penguin/Parrot where are you?/Onde estás?
Unha vez rematado, porei a maleta diante de min e diremos en alto
  • One, two, three  e eles gritarán: Open Open Open! para abrila

Dentro da maleta, ademais de estar a mascota, hai moitos materiais que utilizo nas clases. Dende tarxetas de vocabulario, unha mantiña, xoguetes varios, as pinturas para o tatoo... 

Ánímovos a que collades unha caixa ou maleta que teñades en casa e que metan cousiñas nela coma se fora a miña maleta para que poidan facer Knock, knock knock.

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com