jueves, 19 de marzo de 2020

OUTDOORS


PICTOGRAMA OUTDOORS COLAR

Saímos ó aire libre!!

Que maravilla cando o tempo nos permite poder aproveitar todos os espazos que dispoñemos no colexio para convertilos nun aula.

A zona do invernadoiro e a charca, o campo cheo de herba, o noso propio patio de infantil coa area e a herba artificial para poder sentarnos a gusto...

O simple feito de poder sair fora da aula coa profe sempre lles fai moita ilusión.  Sempre podemos acondicionar as actividades para poder realizalas no exterior,despois de todo, é o seu contexto real.

Se ademais temos en conta que están moitas horas no centro, isto lles axudará a estar en contacto ca natureza e a levar mellor a xornada lectiva.










Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com