jueves, 19 de marzo de 2020

RELAX TIME

PICTOGRAMA RELAX TIME

Hai certos hábitos que teñen beneficios moi positivos na nosa saúde e benestar. Aprender a relaxarnos e a respirar son dous deles. Por iso, dende o Colexio e nas miñas clases de inglés, intentamos introducir este tipo de prácticas nas aulas para que o alumnado se sinta ben e poida afrontar dun xeito máis pausado todos os retos aos que teñan que facer fronte na escola ou na vida en xeral.
É moi importante que aprendamos a saber parar e a escoitar ó noso corpo. Adicar algún momento do día a relaxarnos, a respirar e a identificar como nos sentimos para aprender a regular as nosas emocións e mellorar o noso autocontrol é moi valioso.
Hoxe en día hai moitos recursos online que nos achegan a prácticas moi completas de mindfulness, ioga e meditación para nenxs, todas elas coa intención de conseguir un equilibrio emocional necesario para a vida individual e social.

A continuación vos deixo uns enlaces que poderedes utilizar con este fin. Ademais na pestaña de LINKS hai moitos máis.
https://app.gonoodle.com/

https://www.cosmickids.com/


https://www.kidsyogastories.com/


Estos son algúns dos videos que lles puxen:








Namasté!!




Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com