PICTOGRAMA
STORY TIME COLAR
Un
momento que os peques disfrutan moito
son os contos. Vos saberedes mellor que ninguén que ben o pasan
cando lles lemos un conto, ademais teñen
a incrible capacidade
de memorizalo en cuestión de segundos! Encántalles que llo contemos
infinitas veces para poder elxs ir á vez dicindo o que
pasa.
Ademais,
nestas etapas que comezan xusto a ler
de pronto ábreselles un novo mundo de posibilidades e é xenial
que o aproveitemos para introducirlles nesta rutina tan necesaria e
que tantos beneficios lles traerá.
Pois
ben, na aula
de inglés facemos o mesmo, dependendo do tema que esteamos
traballando, fago unha selección e aproveito para meterme no
papel dunha contacontos para achegarlles a lecturas moi interesantes
coas que aprenderán tamén novo vocabulario en inglés.
EXEMPLOS: