miércoles, 15 de abril de 2020

SESIÓN 4

4-YEAR-OLDS-------Para xs de 4 anos 

Aquí vos deixo a Sesión 4, lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita as sesións anteriores. 

Despois deste paréntese de Semana Santa continuamos propoñendo actividades. 
Coma temos indicado no calendario, neste medio mes que falta veremos cousas sobre a primaveira e aproveitaremos para facer un repaso doutros contidos que vimos anteriormente. 

Imos alá!

1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota 
4. Review: Neste vídeo poderán ver os efectos da primaveira e aproveitaremos para introducir o vocabulario de "Spring"/Primaveira.




5.Game: Xogaremos a un xogo onde repasarán as cores da primaveira.
Escolleremos unha cor e diremos "Bring me something color "RED""/Tráeme algo de cor vermello, e terán que ir a buscar e traer algo da cor que lle digamos. Asi varias veces cambiando de cores.

6. Cinema time: Vemos este video e o finalizar se tendes flores na casa podedes aproveitar para dicir as cores en inglés.




7. Table work: Traballamos na mesa. Poden elexir colorear esta ficha sobre a primaveira ou ben facer elxs un debuxo no que aparezan os diferentes símbolos da primaveira e despois repasar o vocabulario que elexiran.




8. Song Cantamos a seguinte canción e imos tocar as cousas desa cor.



9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser unha mariposa, sol ou flor)
10. Goodbye song: Canción de despedida






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com