miércoles, 29 de abril de 2020

SESIÓN 6

5-YEAR-OLDS-------Para xs de 5 anos 

Aquí vos deixo a Sesión 6, lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita as sesións anteriores, aínda que non é totalmente imprescindible.
Tamén que podedes dividila en varios días dependendo do rato que teñades ou da motivación ou aguante dos nenxs facendo as actividades.

Tendo en conta que xusto en infantil estiveron traballando co libro do monstruo de cores, aproveito para achegar esta sesión sobre as emocións na que haberá un story time especial :)

1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota 
4. Story time: Hoxe imos introducir o tema cun contacontos feito por min sobre o libro "Color monster"



5. Game: Imos refrescar as emocións do libro facendo un xogo de imitar. Se tendes impresora podedes imprimir o dado e xogar con el ou senón directamente sinalando dende a pantalla un. Estaría ben aproveitar este intre para falar das cousas que lle poden facer sentir dun xeito ou outro.





6. Cinema time: Trátase dun fragmento da peli de Inside Out (moi recomendable)


7. Song  Cantamos a seguinte canción


9

8. Relax time Imos facer un pouco de relaxación para rematar a sesión dun xeito agradable e que se poidan sentir calmados e ben.


9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser unha carita de algunha das emocións)
10. Goodbye song: Canción de despedida




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com