5-YEAR-OLDS-------Para xs de 5 anos
Aquí vos deixo a Sesión 8, lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita as sesións anteriores, aínda que non é imprescindible.
Tamén que podedes dividila en varios días dependendo do rato que teñades ou da motivación ou aguante dos nenxs facendo as actividades.
Seguimos co tema de "animals" e concretamente estes días estamos aprendendo cousiñas sobre "pets" as mascotas.
Por ese motivo, a maiores de facer esta sesión, vos deixo este LINK onde poderedes ver a películas de "mascotas 2/ The secret life of pets2" en inglés. Se xa a viron é perfecto porque así no lles importará voltar a vela en inglés :)
1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota
4. Review Imos repasar o vocabulario das mascotas e aprender algún novo con este vídeo:
5. Song Imos aprender os xestos da canción da semana pasada. "I have a pet"
6. Game: Primeiro imos intentar voltar a imitar o son destes animais e os seus movementos. A continuación podemos xogar dicir un animal en alto e elxs teñen que coller algo da cor que ten no debuxo:
Por exemplo: "Turtle" e terían que traer algo verde e marrón e dicir "The turtle is green and brown"
7. Cinema time: Vemos este capítulo de Peppa Pig e as mascotas
8. Song Cantamos a seguinte canción
9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser unha das mascotas)
10. Goodbye song: Canción de despedida
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí: