domingo, 29 de octubre de 2023

NATURENLISH



 

Neste novo espazo iremos mostrando contidos e experiencias relacionadas co noso proxecto NaturEnglish onde pretendemos traballar as materias de Arts & Crafts (sección bilingüe) e Inglés co alumnado de 2º de Primaria.

A meta pedagóxica deste proxecto ten un obxectivo claro: Que o alumnado aprenda dun xeito natural. 
Pero para nos o concepto Natural implica dúas situacións igual de importantes:
  1. Indoor: Achegar todo tipo de actividades tecnolóxicas e gamificación á aula para crear un entorno agradable, distendido e de confianza onde estén motivados e poidamos facilitar o uso da lingua estranxeira de maneira natural, como si fora a súa lingua materna. 
  2. Outdoor: Sair ao exterior a desconectarnos do mundo tecnolóxico e conectarnos coa natureza. Un espazo onde poder expresarse e aprender do mundo que nos rodea.
Dito proxecto pretende desenvolver as seguintes competencias ao longo de todo o curso:
  • Competencia dixital: Creación dun conto dixital en Inglés-Galego con debuxos feitos por eles en Arts&crafts, participación nun proxecto E-twinning, ademais iremos documentando as experiencias para a creación dun documental de fin de curso e en xeral, como ben di o Marco de referencia da Competencia Dixital docente, outras actividades que requiran a presenza das tecnoloxías dende unha doble perspectiva: onde sexan o propio obxecto de aprendizaxe e o medio para desenvolver outros tipos de aprendizaxe.
  • Competencia en comunicación lingüística: Ao tratarse dunha lingua estranxeira, intentaremos buscar actividades que fomenten a comprensión, interacción, producción, mediación lingüística. 
  • Competencia emprendedora: Constante colaboración entre o alumnado favorecendo a toma de decisións e negociacións para poder levar a cabo as ideas plantexadas no proxecto á acción.
  • Competencia plurilingüe: O noso proxecto vai axudar a que poidan facer transferencias entre linguas e en xeral coas actividades que lles iremos propoñendo (e-twinning por exemplo) van ser capaces de coñecer, valorar e respectar a diversidade lingüística.
  • Competencia persoal, social e de aprender a aprender: Falaremos das emocións en inglés e traballaremos co Emocionario e Emocionarte, ademais intentaremos que o conto dixital que fagan persiga axudar a recoñecer e regular as súas emocións
  • Competencia en conciencia e expresión culturais: Co traballo continuo en Arts & Crafts favoreceremos á toma de conciencia da arte, doutras manifestacións culturais e do noso patrimonio.
  • Competencia matemática en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría: Traballando conxuntamente con outras materias STEAM para a elaboración dunha enquisa e gráfica e posterior análise sobre algunha actividade realacionada co proxecto.
  • Competencia cidadana: As saídas constantes ao exterior, traballos interculturais na aula e outras actividades que enmarcadas dentro deste proxecto pretenden axudar a que o alumnado vaia adquirindo unha conciencia de sostenibilidade e de respecto ao mundo que nos rodea e aos cidadáns que habitan nel. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com