miércoles, 25 de marzo de 2020

SESIÓN 2

3-YEAR-OLDS-------Para xs de 3 anos 

Aínda que esta é a Sesión 2 que propoño, será o último día deste tema "Food/Comida" xa que a partir da semana que ven que xa é Abril seguiremos coa programación establecida. De todos xeitos, este tema xa o estivemos traballando en outras catro sesións na escola antes do parón.

Lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita a Sesión 1 e repasadas as cancións que puxen na entrada anterior Songs 3

É importante que sigades a secuencia marcada aínda qu podedes repartila en varios días se non dispoñedes de moito tempo para facela toda seguida. 

O tempo de duración aproximado para esta sesión é de 50 minutos.

Empezamos!

1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota 
4.  Song Cantamos as seguintes cancións e bailamos:




5.Story time: Contamos un conto. Como non o podemos facer en directo, podedes ver este video curtiño eo conto en papel o contaremos a volta no cole.


6. Online games: Xogos online na pantalla táctil. No voso caso no odenaror,móvil ou tableta

Clicade aquí: Game

7. Game: Xogamos a un xogo movéndonos
A proposta de xogo é que eles fagan que son o very hungry caterpillar. Sería bo que se tumbaran no chan e que vaian por orde movéndose facendo que comen os diferntes alimentos ata finalmente levantarse e convertirse en mariposa
Aquí tendes o vocabulario que podedes imprimir e poñer no chan ou miralo dende aquí:



8.Cinema time: Cine



9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser do conto)
10. Goodbye song: Canción de despedida




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com