miércoles, 25 de marzo de 2020

SESIÓN 2

4-YEAR-OLDS-------Para xs de 4 anos 

Aínda que esta é a Sesión 2 que propoño, será o último día deste tema "Food/Comida" xa que a partir da semana que ven que xa é Abril seguiremos coa programación establecida. De todos xeitos, este tema xa o estivemos traballando en outras catro sesións na escola antes do parón.

Lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita a Sesión 1 e repasadas as cancións que puxen na entrada anterior Songs 3

É importante que sigades a secuencia marcada aínda qu podedes repartila en varios días se non dispoñedes de moito tempo para facela toda seguida. 

O tempo de duración aproximado para esta sesión é de 50 minutos.

Empezamos!

1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota 
4Review: Xogo online na pantalla táctil que servirá como repaso

Clicade aquí: Game/Review

5.Cinema time: Vemos este video:



6. Online games: Xogo online na pantalla táctil. No voso caso no odenaror,móvil ou tableta

Clicade aquí: Game- Fun at the supermarket

7.Table work: Traballamos na mesa esta actividade onde poderán debuxar o seu menú de comida favorito. Trátase dun primeiro, segundo e postre e debe incluir algunha verdura e froita. O rematar buscaremos o vocabulario en inglés para que o repitan:



8.Song Cantamos a seguinte canción 



9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser un alimento)
10. Goodbye song: Canción de despedida








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com