miércoles, 25 de marzo de 2020

SESIÓN 2


Lembrade que o blog sempre se abre en Home coas últimas entradas publicadas. Si é a primeira vez que entrades, vos recomendo que primeiramente leades as entradas de Welcome, posteriormente Routine para entender de que vai a cousa e que fagades as sesións ordeadamente :)

5-YEAR-OLDS-------Para xs de 5 anos 

Aínda que esta é a Sesión 2 que propoño, será o último día deste tema "Food/Comida" xa que a partir da semana que ven que xa é Abril seguiremos coa programación establecida. De todos xeitos, este tema xa o estivemos traballando en outras catro sesións na escola antes do parón.

Lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita a Sesión 1 e repasadas as cancións que puxen na entrada anterior Songs 3

É importante que sigades a secuencia marcada aínda qu podedes repartila en varios días se non dispoñedes de moito tempo para facela toda seguida. 

O tempo de duración aproximado para esta sesión é de 50 minutos.

Empezamos!

1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota 
4Review: Xogo online na pantalla táctil que servirá como repaso
Clicade aquí: Game/Review
A continuación falaremos un pouco dos tipos de alimentos e de como poderiamos clasificalos. Poden ir dicindoos en galego ou castelán e despois lendo esta folla, lles diredes como se dirian en inglés:



5.Table work: Traballamos na mesa con esta ficha onde poderán seguindo a imaxe anterior, intentar facer un menú que inclúa os diferentes tipos de alimentos. Lembrade repasar en inglés o vocabulario dos alimentos que elexiron.


6.Cinema time: Vemos este video:


7.Online games: Xogos online na pantalla táctil. No voso caso no odenaror,móvil ou tableta
Clicade aquí:  

8.Song Cantamos a seguinte canción 


9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser un alimento)
10. Goodbye song: Canción de despedida







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com