5-YEAR-OLDS-------Para xs de 5 anos
Aquí vos deixo a Sesión 10, lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita as sesións anteriores, aínda que non é imprescindible.
Tamén que podedes dividila en varios días dependendo do rato que teñades ou da motivación ou aguante dos nenxs facendo as actividades.
Hoxe imos seguir aprendendo sobre "farm animals"/animais da granxa.
Imos alá!
1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota
4. Review Primeiramente poñemos este vídeo a modo de introducción
E logo repasaremos o vocabulario de "farm animals" e xogaremos a imitar os seus sons.
5. Song Cantamos a seguinte canción
6. Table work: Imos facer este dado para a continuación poder xogar con el
7. Game: Agora podemos xogar co dado que fixemos e tiralo para ver que animal nos toca, diremos o seu nome e intentaremos imitar o son que fai.
O rematar podemos ver este vídeo e xogar a intentar adiviñar a que animal corresponde cada son
8. Cinema time: Vemos o seguinte capítulo
9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser un dos animais da granxa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí: