miércoles, 3 de junio de 2020

SESIÓN 11

3-YEAR-OLDS-------Para xs de 3 anos 

Aquí vos deixo a Sesión 11, lembrade que tendes que ler a entrada de Routine xeral para saber como facer cada parte e que estaría ben que antes de comezar por esta sesión tivérades feita as sesións anteriores, aínda que non é imprescindible.
Tamén que podedes dividila en varios días dependendo do rato que teñades ou da motivación ou aguante dos nenxs facendo as actividades.

Hoxe imos seguir aprendendo sobre animais, nesta ocasión sobre "Wild animals"/Animais salvaxes.

Imos alá!

1. Hello song: Canción de benvida
2. Magic suitcase: Petamos na caixa para chamar á mascota
3. Pet welcoming: Saudamos á mascota 
4. Review Primeiramente poñemos este vídeo a modo de introducción 


5. Cinema time: Vemos o seguinte capítulo de Peppa pig no Zoo


6. Song Cantamos e imitamos os movementos que fai cada animal nesta canción.


7. Game: Nesta ocasión imos xogar a imitar os diferentes animais. Imos ir dicindo un por un e terán que intentar imitaros seus movementos e sons


Para xs que teñades impresora podedes imprimir a seguinte imaxe para poder xogar a un memory de parellas. Se non tendes podedes clicar Aquí para xogar ó memory online


8. Table work: Imos utilizar esta ficha para repasar o nome dos animais e para ir repasando os números en inglés. Podedes facela directamente dende ao ordenador ou tableta ou podedes imprimilas, iso como queirades


9. Tatoo: Tatoo na man (podería ser un dos animais salvaxes)
10. Goodbye song: Canción de despedida



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Podes comentar ou preguntar dúbidas dende aquí:

Free Butterfly Cursors at www.totallyfreecursors.com